Colectivos

25X: pola 3ª república federal e os dereitos nacionais

Imprimir
PDF

Un ano máis atopámonos ante un 25 de xullo que o pobo galego segue sen poder celebrar. A emigración, a precariedade e o paro, os ataques á nosa lingua e a imposición dun réxime monárquico corrupto e opresivo fan que no día nacional de Galiza o pobo galego non poida mirar para o futuro seguro de si mesmo e da súa terra, seguro do que este futuro lle depara.

Ler máis...

Entrevista a Carlos Rivas

Imprimir
PDF

Entrevista a Carlos Rivas, sindicalista da UGT, un dos dous condenados (xunto con Serafín Reodríguez, da CIG) a tres anos de prisión, a pena máxima, por un suposto delito contra o dereito dos traballadores, cando participaban nun piquete informativo durante a folga de transporte de mercancías na provincia de Pontevedra, en abril de 2008.

Falamos con el o xoves 10 de abril de 2014, despois da segunda manifestación no seu apoio en Vigo, convocada polas tres centrais sindicais UGT, CIG e CCOO, na que se esixiu ao goberno a concesión do indulto para ambos.

 

Ler máis...

A loita de clases na situación galega actual

Imprimir
PDF

Estas últimas semanas coñecíamos a nova de que en Galiza, o número de traballadores cun salario inferior ao SMI (fixado este ano na misérica cifra de 645,30 €) subía en 2012 até chegar case ao 30% do total. Se esta situación xa é preocupante, máis o é constatar que máis da metade destes non chegan nin á metade do mesmo.

A chegada da crise provocou un descenso dos salarios percibidos polos traballadores. Xa antes da crise, por motivos históricos e económicos, a clase obreira galega se atopaba nunha situación de precariedade máxima, cunha participación no valor producido moi baixa. Esta foi afundíndose no período de crise. A día de hoxe tan só o 42,7% do PIB pertence a ingresos salariais, mentres que a meirande parte do mesmo chega a través das rendas do capital. Nunha década a participación salariar no PIB de Galiza ten baixado un 4%.

Ler máis...

Érguete, Xeración Xabarín!

Imprimir
PDF

Este ano é outro ano máis no que a festa das letras da lingua do pobo galego debe tinxirse de loita, a loita por rachar coas inxustizas e vexacións que acompañan a nosa lingua, o galego. Moitas de nós aínda levamos enriba os estigmas de sermos criadas na lingua do pobo, na lingua humilde das nosas nais e pais, nunha lingua coa que pronto aprendemos que non iríamos a ningunha parte, nunha lingua que aínda que falada pola maioría, moi poucas se atrevían a reivindicar como a digna lingua dun pobo digno. Unha lingua que aínda hoxe non deixa de ceder terreo ante o idioma das clases poderosas, da alta sociedade urbanita que sinalan para o galego como un vestixio dun pasado atrasado, ignorante e escuro.

Ler máis...

O 8 DE MAIO Á FOLGA ESTUDANTIL

Imprimir
PDF

A Xuventude Comunista (UJCE) mostra o seu total apoio á folga estudantil que se está a organizar para o 8 de maio. Nos últimos anos estamos vendo a cara máis salvaxe do capitalismo afectando ao sistema educativo: máis recortes, máis represión. Durante este curso vivimos a aprobación da LOMCE, unha nova suba de taxas e unha redución de bolsas, vemos como se plantexan supresións de carreiras e mesmo peches de Campus.

Ler máis...