Colectivos

14 de Abril, República, Autodeterminación e Socialismo

Imprimir
PDF

Coa lembranza aínda da combatividade e unidade que deixaron as Marchas da Dignidade, que encheron Madrid de resistencia o pasado 22 de marzo, achegámonos ó 14 de abril, día marcadamente significativo na conciencia colectiva de todo un pobo. Esta data significa para moitas persoas un soño truncado, os primeiros pasos cara a construción dunha sociedade mellor que puido ser, mais non foi porque o capital, da mano do fascismo, non quixo que fose.

Ler máis...

Uns estatutos tan democráticos como o sistema

Imprimir
PDF

Tal e como acontece no conxunto do Estado, as universidades están pouco a pouco perdendo a súa democracia interna como consecuencia dunha intervención, tanto no goberno das mesmas como na súa financiación, por parte de entidades exteriores á propia universidade como son as empresas.

A USC só é un dos multiples exemplos do que está a acontencer, sendo estas reformas tanxibles nos seus novos Estatutos, Decreto 14/2014 do 30 de Xanerio, dos que o estudantado non participou na súa redacción, e que probablemente incluso descoñezera que se producira unha reforma dos mesmos. Esta corrente reformista ven dada dende o 2011 nun pacto que fixeron os dous grandes partidos coa EU2015, na que a precariedade, a elitización, o verticalismo e máis que nunca, a mercantilización, son os seus piares fundamentais.

Ler máis...

Defender o naval é defender o futuro!

Imprimir
PDF

Avanza a unidade na loita, que, como estamos a ver, pon nerviosos aos xestores políticos do capital, que teñen que recorren á represión, á provocación e ás modificacións legais para facer case que imposible o dereito á mobilización obreira e popular.

Existe unha ampla maioría de organizacións, colectivos e persoas dispostas a parar na rúa, as políticas ao servizo do capital, como vimos co rotundo éxito das marchas a Madrid o día 22 Marzo, e ás constantes accións en múltiples sectores sociais: en defensa dos dereitos laborais e o emprego digno, pola defensa da sanidade e o ensino públicos, contra os desafiuzamentos, contra as medidas especulativas e a corrupción dos gobernos locais e autonómicos etc.

Contrasta ese ánimo de loita e participación coa política de conciliación e “negociación” co Goberno do PP na que se empeñan os máximos dirixentes de CCOO e UGT, a pesares de ter certo que ante a ausencia dunha auténtica vontade de enfrontamento sindical contra as políticas da troica e de Rajoy, a “negociación” convértese en claudicación disfrazada de acordos que na realidade en nada melloran nin os dereitos nin as condicións de vida e de traballo do pobo.

Ler máis...

Comunicado ante a represión na derradeira manifestación estudantil:

Imprimir
PDF

O pasado 20 de febreiro tivo lugar unha manifestación estudantil en Vigo contra a reforma que pretende facer o goberno do Partido Popular (coñecida co nome de LOMCE). Esta reforma ten uns evidentes intereses clasistas e de elitización da educación, para que as capas populares sirvan como man de obra barata e sen cualificar.

Ler máis...

10 de marzo, día da clase obreira galega: o orgullo dunha clase, a solidariedade dun pobo.

Imprimir
PDF

Foi un 10 de marzo de 1972, no que dous traballadores do naval ferrolán, dous militantes das Comisións Obreiras fixeron erguer o berro de liberdade de todo un pobo, o galego, pero sobre todo, de toda unha clase que non coñece fronteiras, a obreira.

O 10 de marzo de 1972 os traballadores do naval de Ferrol avanzaban cara o polígono de Caranza á procura da solidariedade dos traballadores e traballadoras deste polígono en apoio da folga que estes mantiñan. Esta folga fora o cumio dunha serie de accións que comezaran coa negociación do convenio e que se recrudeceran co despedimento dos principais enlaces sindicais, tamén militantes das Comisións Obreiras, que desencadearan xa o día previo os primeiros disturbios graves nas fábricas e nas rúas. Antes de chegar a Caranza, as forzas policiais deteñen a marcha a punta de canón. A resistencia dos máis de 4.000 obreiros concentrados é unánime e unicamente está armada con pedras e paus, mais consiguen forzar a retirada dos corpos represivos. Pero esta heroica resistencia saldárase coas vidas de Amador Rei e Daniel Niebla, caídos na Avenida das Pías ante as armas dun réxime nacido e perpetudo no crime.

Ler máis...