Colectivos

[A Coruña] Concentración en apoio do sector mineiro

Imprimir
PDF

A plataforma A Coruña en Loita convoca unha concentración ás 20 horas na Delgación do Goberno (Praza de Ourense, A Coruña) en apoio da loita que están a desenvolver as e os traballadores do sector mineiro.

Ler máis...

[Vigo] Concentración en solidariedade co sector mineiro

Imprimir
PDF

A Xuventude Comunista chama ao conxunto da mocidade obreira e estudante da comarca de Vigo a acudir á concentración que a nosa organización xunto co PCG e Esquerda Unida convoca o mércores 11 ás 19 horas diante do MARCO (rúa Príncipe) como mostra de solidariedade de clase das traballadoras viguesas co sector mineiro no día da chegada da Marcha Negra a Madrid.

Ler máis...

[Vigo] A XC en apoio á loita obreira en Correos

Imprimir
PDF

Preto de cincocentas persoas participaron da manifestación que os sindicatos (CCOO, UXT, CIG e CXT) convocaron en contra do despedimento de 13 traballadores, o 25% da plantilla da sede central de Correos en Vigo, un área que afecta a 184.000 persoas.

Ler máis...

A XC ante o acto do Embaixador de Israel en Vigo

Imprimir
PDF

O pasado luns 21 de maio, tivo lugar no Auditorio do Areal (antigo Reitorado), unha palestra de Alón Bar, embaixador de Israel no Reino de España presentada polo xornalista Miguel Boo, onde o obxectivo da mesma foi presentar as modernidades do estado xudeu.

Ler máis...

A XC apoiou as mobilizacións do sector naval de Vigo

Imprimir
PDF

A Xuventude Comunista acudiu a manifestación convocada polos sindicatos de CCOO, UGT e CIG o pasado 12 de maio, en apoio e solidaridade coas traballadoras e traballadores do sector naval de Vigo en loita polo seu futuro. A decisión adoptada pola Unión Europea de paralizar as axudas fiscais que o Estado Español viña otorgando á construcción naval, a chamada "tax lease", está a por en perigo a viabilidade dun sector vital para o desenvolvemento socioeconómico da ría de Vigo, que ocupa na actualidade a cerca de 10.000 traballadores e supón preto de 30.000 postos indirectos. Esta decisión é un paso máis na política de desmantelamento da industria naval galega que dende os anos oitenta ven aplicando a UE coa connivencia dos sucesivos gobernos do PSOE e do PP.

Ler máis...