Colectivos

A XC no Rockpública 2011 en Ourense

Imprimir
PDF

Dende a Xuventude Comunista animamos á xuventude e á clase traballadora a acudir a unha nova edición do Rockpública na cidade das Burgas. Ben sabidos de que debe ser unha data máis para reivindicar a 3ª República que defendemos, as e os comunistas da XC e do PCG-PCE non faltaremos a esta cita.

Rockpública 2011 en Ourense

Desta volta, a Xuventude Comunista contaremos ademáis con barra propia con comida e bebida a prezos populares, xunto cun posto con material propio (folletos, revistas, camisolas, bandeiras, etc.) na propia praza do concerto.

Ler máis...

Acto público de apoio a Cuba Socialista na Coruña

Imprimir
PDF

O PCG–PCE e o Comité para a liberación do Cinco da Coruña integrante da Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil, celebran un acto de confraternización co pobo cubano hoxe, venres 15 de abril ás 20.30h na Cervexería Guamá (rúa Puerto Rico, 15) que contará ca presencia de Alejandro Fuentes, cónsul xeral de Cuba en Galiza.

Ler máis...

A republicana nas rúas de Compostela

Imprimir
PDF

A republicana nas rúas de Compostela

A cidade de Santiago de Compostela erguía esta mañá con varios dos seus buzóns de correos con dúas cores máis e cos seus muros universitarios cheos de pintadas pedindo a 3ª República como saída obreira á crise.

Ler máis...

Ponteareas axitada pola 3ª República

Imprimir
PDF

Ponteareas axitada

O colectivo de Ponteareas realizou o pasado luns 11 de abril unha pegada de cartelería por toda a cidade reclamando a República como saída á crise e denunciando a inexistencia práctica dos dereitos recollidos na Constitución borbónica do 78, dos que as mozas e mozos do presente temos tan só asegurado paro e precariedade.

Ler máis...

Palestra republicana en Vigo

Imprimir
PDF

Palestra de José Antonio Barroso en vigo

A Asemblea Republicana de Vigo celebra mañá, martes 12 de abril do 2011 ás 20.15h no Edificio Municipal do Areal, unha palestra de José Antonio Barroso (alcalde por IU de Puerto Real, Cádiz) baixo o título: "Borbones versus República", enmarcada dentro do programa de actividades da asemblea que se están a levar a cabo durante este mes de abril.

Ler máis...