Os seus beneficios, a nosa ruína. O capitalismo mata

Imprimir
PDF

A patronal, amparada polos sucesivos gobernos, segue saíndo impune dos falecementos de traballadores e traballadoras nos seus postos de traballo. Un total de 540 perderon a vida no 2013, traballando ou no camiño para facelo. Mentres a siniestralidade laboral non se reduce, tampouco se cumpren as normativas de seguridade que poderían aforrar tantos falecementos.

En cambio, empresarios e gobernos seguen a minar as condicións laborais e a atacar a dignidade dos e das traballadoras. Non son só a falta de medidas de seguridade, escasamente penadas, senón que as mesmas condicións contractuais e a precarización continua e constante incide tamén en que tantos e tantas traballadoras perdan a vida. Un feito que se evidencia no sector servizos, onde maiores cotas de precariedade se sofren, e que ve ano tras ano incrementar o número de traballadores e traballadoras siniestradas. Pero non soamente os falecementos. Producíronse ademais 459.535 accidentes que levaron a causar baixa. Datos, que por outro lado, só conteñen aqueles casos no que nos que foi posíbel acceder a estes, ás veces tan difícil polo amparo que as empresas lles brindan ás Mutuas.

Mentres tanto, a patronal, o goberno e os seus voceiros comezaron a anunciar unha redución de accidentes. Sen embargo, a realidade móstranos que os datos porcentuais de poboación empregada e accidentes laborais foise incrementando, e as cifras que da o PP e a patronal non saen máis que da ocultación do incremento do paro e a precarización dos contratos. Neste contexto de crise, e coa reforma laboral como marco legal, a impunidade ante os accidentes e o seu aumento van da man.

Dende a Xuventude Comunista manifestamos que no marco do capitalismo, onde priman os intereses empresariais por riba de calquera outro, tanto os accidentes laborais como a falta de seguridade no traballo, son elementos imposíbeis de erradicar. Sen embargo, debemos exisir que a saúde e a seguridade no traballo se consideren como unha prioridade, que se poñan os medios precisos para loitar contra a siniestralidade laboral e que se persigan e castiguen severamente todos e cada un dos delitos ou imprudencias que repercutan na saúde dos e das traballadoras.