Entrevista a Carlos Rivas

Imprimir

Entrevista a Carlos Rivas, sindicalista da UGT, un dos dous condenados (xunto con Serafín Reodríguez, da CIG) a tres anos de prisión, a pena máxima, por un suposto delito contra o dereito dos traballadores, cando participaban nun piquete informativo durante a folga de transporte de mercancías na provincia de Pontevedra, en abril de 2008.

Falamos con el o xoves 10 de abril de 2014, despois da segunda manifestación no seu apoio en Vigo, convocada polas tres centrais sindicais UGT, CIG e CCOO, na que se esixiu ao goberno a concesión do indulto para ambos.

 

Preséntate por favor, quen eres, a que te dedicas...

Son Carlos Rivas, un dos dous sindicalistas encausados que estamos pendentes de que saia o indulto. Naquel momento traballaba na UGT, no sector de transportes.

¿Cales foron os motivos de aquela folga?

O convenio provincial de mercancías estábase a negaciar, pero ao interrumpirse a negociacion convocouse una folga de tres dias. Isto foi en abril de 2008.

Durante a folga, xuntámonos na rotonda de Bouzas onde a gasolinera, para facer un piquete informativo e informar aos traballadores do sector, aos chóferes, xa que por alí veñen moitos camións que levan os coches de Citroen para os barcos, e era un punto onde podiamos informarlles da situación de estancamento na que se atopaba o proceso de negociación.

¿Como foi o nivel de seguemento?

Foi bastante importante. Foron tres dias, aída que ao terceiro a xente xa estaba algo cansa e non era tanto como o principio, pero os primeros dous días foi importante.

¿Que resultados se acadaron gracias á folga?

Fíxose o convenio por tres anos, acadándose unha suba total de casi 300 €, con subidas paulatinas de menos a máis ao longo deses tres anos.

¿De que se vos acusou?

A sentenza di que vulneramos o artigo 215.3, o dereito ao traballo. Non hai danos, non hai denuncias, o fiscal pediu tres anos e así saiu.

¿Como ocorreron os feitos?

Como dicía, estabamos na rotonda de Bouzas e nese momento quedabamos 60, 70 persoas alí concentradas, e empezaron a chegar camións. A nosa intención era ir a informar aos chóferes, e a policía procedeu a identificarnos a uns cantos. De feito ao principio éramos no xuízo nove persoas, foron saíndo absoltos sete e quedamos Serafín e máis eu. Todos tiñamos a mesma acusación, pero tocounos...

¿Como reaccionaron os vosos compañeiros de traballo, do sindicato...?

Nun principio non comentei nada, nin á familia, porque non pensaba que chegariamos ao extremo no que estamos agora, xamais se me pasou pola cabeza, pensaba que isto se apagaría, que quedaría nun susto... pero o que temos agora é todo o contrario. A xente, preguntes onde preguntes, pensa que é algo desproporcionado e inxusto.

¿E sentístesvos arroupados, que contabades co seu apoio?

Si, sempre. En febreiro, cando foi a primeira manifestación, un domingo pola mañá, caía auga a mares e foi moita xente. Sentímonos apoiados por un montón de xente, e iso fainos ser máis fortes, a parte da familia loxicamente, e toda a xente q se mobiliza cando hai unha concentración, como todos os xoves no MARCO, na rúa do Príncipe. Aínda que de todas formas cando estás solo cavilas e é inevitable pensar no peor...

Neste momento está parado o ingreso en prision...

Si, o paralizouno a xuíza. Foi algo recente, penso que a mobilización na rúa e a repercusión mediática fixeron que o considerara e paralizou o proceso.

¿Cales foron as accións concretas que se fixeron ata agora, e as se estan a facer actualmente?

Esta é a peticion do segundo indulto, o primero xa foi denegado en decembro. O que ocorre e que agora é cando se está a facer visible todo polo que che comentaba antes, que non pensabamos que chegaríamos ata esta situación. Por iso non se fixeron mobilizacións antes. Pero agora, a raíz de que se denegara o primeiro, as centrais sindicais botaron toda a carne no asador e tiramos para adiante para facernos visibles, ata entón tampouco o consideraramos porque pensabamos que isto quedaría en nada.

O que reclamades é concretamente o indulto total...

Si, de feito o parlamento galego xa se pronunciou a favor, eles apoian o indulto parcial, con iso nos damos por contentos, porque serían dous anos de cadea e ao non ter antecedentes non entrariamos en prisión, e iso é o que queremos, seguir adiante coa nosa vida normal.

¿Sentides que ese apoio que estades tendo é decisivo para acadar o voso obxetivo?

Si, de feito o peder de convocatoria e de organizacion que teñen os sindicatos, nós sos non seriamos capaces. Tamén pasa que ás veces pensas que tamén pode perxudicar a nivel mediático por parte de certo tipo de prensa, que cando trata o tema dos sindicatos non “axuda”... Pero a nivel organizativo e de mobilización dende logo que si.

¿Que perspectivas reais hai agora mesmo?

Eu quero pensar positivamente e espero que ao final se faga xustiza con maiúscula, porque dende logo, ter que entrar en prisión dúas persoas que non fixemos nada... Se iso se chama xustiza eu non sei xa en que crer.

¿Como empezaches no sindicalismo?

Eu empecei no ano 99, meu pai sempre foi representante sindical, sempre estivo aí metido... e nese ano funlle botar una man nunha das federacións da UGT e alí empecei. Pero tamapouco foi algo continuo, loxicamente os contratos aparecían esporadicamente, pois os sindicatos non nadan en diñeiro, e eran contratos de un, de dous anos... Tamén traballei noutros sitios pero sempre estiven vinculado, e úneme a amizade a bastantes compañeiros...

¿Despois de todo o acontecido, volverías participar nun piquete?

Si. É a única ferramenta que nos queda hoxe cando hai que protestar por algo e mobilizarse dalgunha maneira. Loxicamente pacificamente como fixemos sempre, pero reivindicando, porque se nos quedamos na casa...

¿Coñeces algún outro caso similar ao voso?

Houbo hai non moito, un mes ou así, e o poño como contraposición, un caso no que houbo incluso danos nalgunha manifestación, non recordo por que motivo, e o xuiz puxo a multa correspondente polos danos e santas pascuas. E mentres, a nós sen facer nada nos meten cárcere. Entón non entendo realmente a xustiza... Pero creo que este é dos pouquísimos casos no estado, non me soa ningún outro.

¿Cres que hai algunha razón politica detrás de todo isto, que se pretende algo coa vosa sentenza...?

Dar exemplo. Nós somos a forma de dar exemplo: mira o que lles pasou a estas persoas por participar nun piquete. Exemplarizante, nada máis...

Ou sexa que se trata de perseguir o sindicalismo combativo, dar un escarmento...

E aparte agora, tendo en conta a próxima lei de seguridade cidadá, non cabe penasr outra cousa...

¿A pesar de todo isto, sigues reafirmándote nas túas conviccions?

Si, de feito temos aí a piques o 1º de maio xa. Vou tódos os anos, nunca fallei a ningún. E manifestación que exista, alí estamos.

¿Que mensaxe lle enviarías aos obreiros que loitan polos seus dereitos e por mellorar as súas condicións de traballo?

Non son eu quen para dar exemplo, pero ocórreseme que temos que seguir nestas, porque nos están dando por todos os lados e a nosa única forma de facernos escoitar e reivindicando os nosos dereitos.

Moitas gracias, ánimo e moita sorte.