Cidade de Pontevedra, basta xa!

Imprimir
PDF

Escoitamos tódolos días nos mass media (grandes corporacións ó servizo do capital) que rematou a crise, que van mellorar as condicións de vida da clase obreira.

O que non oímos é que a taxa de ganancia dos grandes empresarios diminúa, máis ben medra día a día, xa sexa en época de “bonanza” ou durante a crise cíclica inherente ó sistema capitalista que sufrimos dende fai máis dun lustro.

O salario das traballadoras diminúe 1,79% de media cada ano, mais os precios non paran de subir.

Na provincia de Pontevedra o desemprego supera xa as 111.600 persoas. A nivel local, Pontevedra é a terceira cidade do país con máis persoas no paro (superada só por Vigo e Ferrol) con 10.800, un 27% máis que en 2013.

No que a mocidade se refire, en toda a Galiza máis de 100.000 mozos e mozas entre 15 e 35 anos víronse obrigadas ó exilio económico dende 2010, según datos dos sindicatos.

Na capital da provincia, existen tamén máis de 3.000 fogares onde tódolos seus membros están no paro.

Estos datos, adquiren maior relevancia nunha cidade de pouco máis de 80.000 habitantes onde o seu goberno municipal non fai máis que investir en obras públicas, deixando de lado ós máis desfavorecidos.

Por todo isto, a Xuventude Comunista en Pontevedra chama á mocidade a se organizar contra tódolos ataques que sufrimos ós e ás fillas da clase traballadora, xa sexa a nivel local, nacional, estatal ou internacional.

Porque unidas somos fortes, organizadas invencíbeis!

República, poder popular e Socialismo!