12 de decembro na Coruña, para loitar contra o peche de Alcoa

Imprimir
PDF

Dende a Xuventude Comunista facemos nosa a loita das compañeiras e compañeiros de Alcoa, amosando o noso total apoio a ela e ás súas demandas, ofrecéndonos a ser partícipes de toda a axuda que precisen para acadar os seus obxectivos.

Estamos a falar dun conflito que, froito da privatización de INESPAL a finais dos anos 90, afecta a máis de 1000 familias entre as plantas de Avilés e A Coruña. Vén ser un novo ataque aos dereitos da clase traballadora por parte do goberno do PP e a patronal mediante un despido colectivo, como tantos outros ós que vimos asistindo recentemente (Coca Cola, Panrico, Navantia...).

Por isto, dende a Xuventude Comunista facemos un chamamento á asistencia á manifestación convocada polas traballadoras e traballadores para este venres 12 de decembro ás 19:00 dende a Praza da Palloza (A Coruña), así como ás vindeiras accións e mobilizacións que se realicen.

 Alcoa non se rende, Alcoa deféndese!