O povo é quem mais ordena!

Imprimir
PDF

Cúmprense 41 anos da Revolución dos Cravos, de aquel 25 de abril no que o povo foi quen máis ordenou e rachou co rexime fascista que gobernaba Portugal. Comezando así un camiño truncado polas forzas capitalistas cara un estado e un goberno ás ordes da clase obreira, pero conseguindo grandes victorias coma o fin de colonialismo e da ditadura.

Nun día coma o de hoxe defendemos os valores de abril, os valores de democracia, antifascismo, anticolonialismo e igualdade. Os valores do goberno do pobo.

E como facemos nosos estes valores, non defendemos só hoxe o 25 de abril, senón que berramos fortemente: 25 de abril, SEMPRE!