Non ás fumigacións dos nosos montes

Imprimir
PDF

II Resolución da Xuventude Comunista na Conferencia Galega de Medio Rural

Dende fai décadas, imos vendo como os nosos montes se van convertindo en campos ou “selvas” de plantacións de eucalito e outras especies alóctonas.

Os montes galegos tradicionalmente servían para alimentar ó gando e ó campesiñado galego obtendo recursos como o toxo que permitían o abono necesario para o cultivo das terras.

Coa implantación do “monocultivo” forestal, non só perdemos superficie agraria útil, e biodiversidade, senón que a clase traballadora galega perde a posibilidade de acadar a soberanía alimentaria, unha ferramenta indispensable para a liberación da nosa clase.

A plantación de especies foráneas para o uso industrial trae tamén consigo prácticas medioambientais moi daniñas para a natureza e para os e as habitantes do medio rural.

Para favorecer o crecemento de estas especies, os grandes monopolios do sector -como ENCE ou Finsa- non dubidan en fumigar os nosos montes con produtos químicos do grupo Monsanto, altamente daniños para o medio ambiente e para a produción agraria tradicional.

Estas fumigacións indiscriminadas e sen ningún control sanitario supoñen grandes perdas a sectores como a apicultura, sectores non profesionalizados pero que serven como complemento de renda actualmente a unhas 10.000 familias no medio rural galego.

As fumigacións provocan a desorientación das abellas e dificultan a polinización, reducindo pois a biodiversidade e unha dimunición das colmenas, coas perdas económicas que xera no sector.

Dende a XC opoñémonos ás prácticas abusivas da patronal do sector forestal e ás fumigacións con produtos químicos dos nosos montes, e apostamos por un modelo de xestión forestal en base ás necesidades da clase traballadora e non ós intereses da patronal forestal de ENCE e FINSA.