Marcha dos traballadores de Alcoa e Perfialsa

Imprimir
PDF

Dende a Xuventude Comunista apoiamos e invitamos ao conxunto da clase traballadora a apoiar, difundir e participar na marcha que o víndeiro mércores 1 de xullo ás 11,30h os/as compañeiros/as de Alcoa e Perfialsa realizarán dende o Monte do Gozo ata as Consellerías da Xunta de Galiza en Santiago de Compostela, para esixir ao goberno e á Xunta unha solución aos conflitos das súas empresas. Os e as compañeiras de Alcoa están a loitar por salvar a pranta que a multinacional ten na cidade de A Coruña e que corre o risco, de novo, de ser pechada e trasladada a un tercer país se a patroal de Alcoa non acada a vantaxa eléctrica que considerá oportuna para o mantemento das súas ganacias e unha alta rendabilidade económica da pranta.

Na mesma situación se atopan os e as compañeiras da pranta de A Coruña de Perfialsa, pranta que pretende ser desmantelada pola patroal por considerar que non acada a rendibilidade necesaria e co fin de concentrar a produción noutros centros produtivos co fin de acadar unha maior rendabilidade e unha mellor imaxe corporativa ante a inminente saída a bolsa do grupo.

Dende a Xuventude Comunista opoñémonos ó peche destes centros produtivos, que na comarca de A Coruña xeran máis de 500 postos de traballo. Baseándonos en que o peche destas por parte das patroais, atende a un intento de aumentar as ganancias económicas dos donos de ambas empresas en contra dos postos de traballo, salario e a vida que estes postos de traballo xeran na comarca de A Coruña. Dende a Xuventude Comunista tamén nos opoñemos á política enerxética que levan a cabo as eléctricas co apoio do goberno, políticas que tratan de garantir os máximos beneficios a patroal electrica en contra dos intereses da clase traballadora. Mostra disto, por exemplo, o peche da Minería do Carbón español fomentado polo goberno, a UE e a patroal eléctrica. Ou o aumento sistemático que as e os traballadores sufrimos mensualmente da nosa factura eléctrica.

Dende a Xuventude Comunista defendemos a creación dun grupo estatal onde se engloben as prantas de Alcoa España e o mantemento de todos os postos de traballo e dos centros produtivos existentes, así como avogamos pola creación dun goberno popular e obreiro que non se deixe chantaxear pola Troica nacional e internacional e que traballe por acadar o máximo benestar posible ó conxunto da clase traballadora.

Sen industria non hai futuro!!