Resolución en apoio ao pobo traballador Grego

Imprimir
PDF

A Conferencia de Obreiras da Xuventude Comunista amosa o seu apoio internacionalista ao pobo traballador grego e ás súas Organizacións de clase, tanto ao Partido Comunista (KKE) como á Fronte Militante de Todas as Traballadoras (PAME).

Salientamos o grande traballo destas dúas Organizacións na elevación da conciencia de clase do pobo grego, opoñéndose ás políticas de recortes e ás medidas antipopulares xa veñan da man da Troika ou do Goberno.

O PAME traballa pola unidade dos e das traballadoras gregas na conquista do seu futuro. Unha conquista que virá da man da organización da clase traballadora grega e mediante a construción dunha alianza popular dende a que loitar por unha sociedade sen explotación capitalista.

Non aos recortes no país heleno.

Viva a loita da clase obreira en Grecia.