(A Coruña) 17 FMXE: Charla-coloquio sobre a situación no Sahara

Imprimir
PDF

Charla-coloquio sobre a situación no Sáhara (A Coruña)

Unha nova edición do Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes (FMXE) verá a luz este ano en Sudáfrica do 13 ao 21 de decembro. Esta 17ª edición do Festival será, como todos os anteriores, unha expresión internacional de unidade e solidaridade internacionalista de mozas e mozos de todo o mundo en contra das ameazas da guerra imperialista e dos desmáns provocados polo capitalismo en crise.

No 17º FMXE non faltará a loita po pobo saharaui frente ao imperialismo asasino e criminal do réxime marroquí. Os sucesos que están a acontecer en El Aaiún tralo desmantelamento do campamento de protesta de Gdeim Izik amosan unha vez máis a crudeza con que o imperialismo ataca a todos aqueles que defenden a paz e o dereito dos pobos a decidir . Imperialismo personificado na monarquía marroquí, que conta co apoio incondicional dos Estados Unidos de Norteamérica e dun goberno español que ignora unha vez máis a responsabilidade histórica do Estado co pobo saharaui negándose a condear estes feitos.

Dende o Comité Preparatorio Nacional Galego do 17º FMXE invitámosvos a participar no acto que terá lugar o venres 19 de Novembro as 20:00 h. na Cervexería Guamá (Rúa Puerto Rico) que contará coa presencia de Francisco Novoa (Presidente do CNGP) e de Alba Sánchez (Brigadista de solidaridade co Sahara).

SAHARA LIBRE!

POR UN MUNDO EN PAZ, SOLIDARIEDADE E TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS, DERROTEMOS AO IMPERIALISMO!