16 de decembro: Folga Xeral da USC!

Imprimir
PDF

A Xuventude Comunista chama ao estudantado galego a sumarse en  prol da Folga de mañá xoves 16 de decembro, aprobada pola Asemblea Xeral da USC en Compostela, parando calqueira traballo académico e acudindo en masa á manifestación ás 12:00 no Toural.

Non toleramos a precarización que está a vivir a nosa cobertura social, destacando os chamados reaxustes na ensinanza, todo elo en favor duns intereses alleos as verdadeiras necesidades do pobo, os intereses da clase burguesa. Esta é unha precarización que non se para e nunca ten suficiente, vemos como dende o proceso do EEES até o proxecto Universidade 2015, o cal suporá recortes aínda máis radicais, a universidade pública, referente cívico e cultural, vese ameazada máis que nunca.

Neste intre, a todos os problemas que conleva Boloña para os alumnos de nova admisión, destacan tamén os que damnifican o antigo plan de licenciaturas. Os estudantes  vense asediados por unha merma progresiva da calidade dos seus estudos.  A desaparición masiva de optativas, a flagrante diminución das convocatorias a exame coas consecuentes matriculacións forzosa, a perda de docencia e de titorías eficaces, a suplantación do CAP polo máster de mestrado, etc., amosan como o antigo plan é maltratado sistemáticamente co obxeto de eliminar un resquicio molesto na fin de privatizar dunha vez por todas a ensinanza.

E non, non o imos consentir. XOVES 16, FOLGA XERAL NA USC!

Dende a Asamblea Xeral da USC esiximos:
  • A extinción natural, mantendo as seis convocatorias lexítimas, das Licenciaturas, posibilitando así tamén, o remate do itinerario de especialización.
  • Unha mellora dos horarios e o reparto das salas de aulas, así como da oferta docente, revisando todo isto para eliminar a solapación de asignaturas antes do prazo de modificación de matrícula.
  • Titorías reais nas asignaturas a extinguir e actualización na web dos contidos da materia.
  • Un calendario propio de exames das asignaturas extintas, para non facelos coincidir cos exames doutras materias.
  • Supresión das taxas das materias xa extintas matriculábeis.
  • Igualar o número de convocatorias do Grao ás da Licenciatura, isto é, que os estudos adaptados ao EEES teñan seis convocatorias por materia, no canto das catro actuais.
  • Manter o CAP a curto prazo, garantindo o dereito das e dos Licenciadas-os a rematar o seu plano de estudos tal e como o comezaron, facendo este de libre acceso, sen prazas e de balde.
  • Integración do mestrado de educación nos propios estudos de Grao, aumentando a carga de crédito dos mesmos, para que sexa un itinerario escollíbel.
  • Moratoria especial para a matrícula nas asignaturas sen docencia.