Finalizado o peche de estudantes da USC

Imprimir
PDF

A Asemblea de Estudantes que organizou o peche na Biblioteca Xeral no Pazo de Fonseca quere comunicar o seguinte tras a finalización do peche de estudantes que tivo lugar esta semana pasada:

1-Os cincos dias de peche foron un exemplo de coherente loita polos dereitos do estudantado. Tentamos abrir unha biblioteca universitaria en horario continuo ao servizo do alumnado da USC, feito que foi impedido pola Reitoria. Ainda así e perante as superpoboadas bibliotecas, a USC tivo que abrir máis salas de estudo.

2-A equipa de goberno da universidade compostelana utilizou con nós a sua táctica particular: adiar, prometer e transladar responsabilidades. Na mesma tarde do dia 20 tivemos a visita de Duran Villa, Vicerreitor de Estudantes, que adiou a esixencia das 6 convocatorias a un Consello de Goberno de comenzos de febreiro e transladou o resto de problemáticas do estudantado a instancias distintas da súa e incluso á propia representación estudantil. Ainda así, logramos que se comprometese a traernos por escrito as propostas a tratar neste Consello de Goberno. Compromiso polo que aínda estamos a esperar.

3-A pesar disto, acreditamos que estes días serviron para demonstrar un modelo de loita estudantil que pugna polo seus obxetivos con combatividade e firmeza. Con este peche mantivémonos firmes, alem de calquer promesa baleira, pese a quen lle pese. Creemos que esta acción servirá para manter viva a loita e que axuda a dar continuidade ás mobilización ata que a burocracia universitaria se vexa obrigada a retroceder.

4-Ahora ben, sabemos que as causas que provocam a supresión de convocatorias e eliminación de materias son estruturais e van alen da propia Universidade ao proceder do grande capital interesado en suprimir todo aquelo que non lles axude a aumentar a explotación e abartar a forza de traballo. Así, e ao ser a universidade unha parte subordinada máis do Estado, entendemos que é necesaria un cambio social para avanzar nestes obxetivos.

5-Por todo isto, consideramos prioritaria a convocatoria de Folga Xeral para o día 27 de xaneiro co fin de convertir nunha confluencia de loitas. Desta forma suspendemos este peche para dedicarnos a garantir o suceso desta folga xeral, á que chamamos a todo o estudantado da USC.