A XC na inauguración do parque a Marcelino

Imprimir
PDF

parque oleiros

Onte sábado día 30 de xaneiro o concello de Oleiros (A Coruña) inauguró un parque na memoria de Marcelino Camacho. Entre as case 200 persoas que acudiron a arropar á filla e á viúva do histórico dirixente comunista e sindicalista estivemos os membros da Xuventude Comunista.

Cunha pancarta co lema "Marcelino, co teu exemplo a loita continúa" démoslle unha calurosa benvida á Josefina Samper e a Yenia Camacho. Nun momento no que a necesidade dun sindicalismo de clase, combativo e independente é mais actual ca nunca a Xuventude Comunista reivindica a Marcelino Camacho como modelo de sindicalista, de comunista e de coherencia. Para ler o comunicado da Xuventude Comunista ante a reforma das pensións pulsa aquí