(A Coruña) Campaña de axitación contra os recortes

Imprimir
PDF

Camapaña axitación contra os recortes (A Coruña)

O colectivo coruñés da Xuventude Comunista levou a cabo unha pegada pola Universidade da Coruña co lema: "A xuventude di basta! Fronte aos recortes... Folga Xeral!". A situación de crise que estamos a vivir estes últimos anos está a supoñer un recorte de medios e dereitos nas diferentes universidades do territorio galego. No caso da Coruña, o cese da gratuidade das impresións, o peche das Aulas Net, os recortes de personal que reflicten nos servizos ao estudantado, etc. están a afectar aos estudantes de todos os centros.

Como cada crise, os estudantes estamos a sufrir as consecuencias dun problema formado fora do eixo dos nosos centros de estudo. Unha universidade amplamente privatizada non ten reparo en endebedar o futuro dos mais novos, e ante esta situación o conxunto da xuventude non pode quedar pasmada. Nós, as precarias e precarios do futuro, non podemos esperar a acabar nas listas do paro para espertar, e temos o deber de respostar ao desprezo que á sociedade en xeral, e aos estudantes en particular, nos están a dar.

Temos que tomar exemplo das loitas estudantís europeas e pular polo noso futuro, que depende máis ca nunca deste presente escuro. Por iso, a Xuventude Comunista chama a defender os dereitos que nos quedan, e loitar polos que precisamos para o día de mañá poder aportar o noso gran a esta sociedade que tanto precisa de nós. É preciso que os estudantes manifestemos o noso sentir, e que loitemos ao lado dos traballadores para evitar o ataque neoliberal que estamos a sufrir. Por iso, a Folga Xeral é a nosa opción.

A XUVENTUDE DI BASTA!

FRONTE AOS RECORTES, FOLGA XERAL!


Campaña contra os recortes (A Coruña) Campaña contra os recortes (A Coruña) Campaña contra os recortes (A Coruña)

(Preme nas imaxes para velas a tamaño completo)