A Xuventude Comunista no foro "Falando Nós" en Ourense

Imprimir

Foro "Falándo Nós" en Ourense

A Xuventude Comunista, acorde co seu compromiso cos movementos feministas, participará na cuarta asemblea do foro feminista "Falando Nós", que terá lugar no Centro Cívico da Rúa Colón o vindeiro 5 de abril ás 20.00 h , na localidade de Ourense. A experiencia da pasada asemblea no mes de febreiro supuxo a integración das nosas políticas de Igualdade coas do foro e unha experiencia netamente construtiva en tódolos ámbitos.

Na procura dunha sociedade igualitaria e sen discriminación de ningún tipo, as mozas e mozos comunistas implicámonos en procesos abertos e traballamos nunha colaboración estreita e activa coas diferentes organizacións que compartan os nosos obxetivos en materia de xénero. Con propostas que confían nas bases e os modelos da democracia participativa, na Xuventude Comunista, a loita continúa.

 

Foro "Falándo Nós" en Ourense Foro "Falándo Nós" en Ourense Foro "Falándo Nós" en Ourense

Fotos da anterior asemblea do foro a finais de febreiro (Preme nas imaxes para velas a tamaño completo)