Axitación na Coruña e Santiago de Compostela contra a guerra imperialista en Libia

Imprimir
PDF

Camaradas dos colectivos da Coruña e da USC realizaron durante os pasados días unha intensa pegada de carteis e faixas nas rúas destas dúas cidades contra a intervención imperialista da OTAN en Libia, e en apoio aos pobos árabes.

Participouse tamén nas concentracións cidadanas con este motivo ao longo desta semana uníndonos ao berro de denuncia popular á coalición criminal da que forma parte o noso país, que deixou en evidencia as súas verdadeiras intencións neste conflicto no momento no que o obxecto dos “bombardeos humanitarios” pasou a ser a poboación civíl libia e as tropas leais a Gaddafi.

Unha vez máis, e como xa pasara no Iraq ou Afganistán, Occidente non dubida en facer correr sangue inocente para defender os seus intereses no control xeoestratéxico da zona e dos seus recursos petrolíficos, vendéndolle á opinión pública unha farsa en apoio do chamado “bando rebelde” (formado en realidade na súa maioría por monárquicos, mercenarios de occidente e sobretodo por unha antiga facción do goberno libio enfrentada a Gaddafi pola renacionalización do sector petrolífero do país) para lexitimar a agresión imperialista á soberanía dos pobos.

Por todo isto, a Xuventude Comunista seguirá participando nas plataformas cidadanas en contra desta maldita guerra, movilizándonos mozas e mozos contra a participación de España nesta máis que evidente agresión imperialista.

NON Á GUERRA IMPERIALISTA EN LIBIA!

OTAN NON!




Axitación contra a guerra imperialista en Libia Axitación contra a guerra imperialista en Libia Axitación contra a guerra imperialista en Libia Axitación contra a guerra imperialista en Libia

Axitación contra a guerra imperialista en Libia Axitación contra a guerra imperialista en Libia Axitación contra a guerra imperialista en Libia

(Preme nas imaxes para velas a tamaño completo)