Campaña de Ensino Medio en Santiago de Compostela

Imprimir
PDF

"No teu instituto organízate e loita!" Compostela

O colectivo da USC da Xuventude Comunista realizou durante a semana pasada unha rolda polos institutos picheleiros colando carteis co lema “No teu instituto organízate e loita” como parte da campaña que os mozos e mozas comunistas vimos realizando nos centros de Ensino Medio de todo o estado.

Dende a XC consideramos prioritario a creación dun movemento combativo nos institutos e a súa vinculación ao movemento estudantil universitario, inexistente hoxe polo boicot á unidade estudantil protagonizado no Ensino Medio por grupos do trotskismo e o nacionalismo co esquerdismo de bandeira, máis interesados no autobombo e a praxe oportunista, que na unificación do movemento estudantil galego.

O traballo dos comunistas no Ensino Medio nace pois na peor das situacións, e evidencia máis ca nunca a falta duha alternativa á burocracia estudantil imperante: A creación dunha estrutura permanente nacional que aglutine ao estudantado galego na loita por unha educación pública e de calidade e que serva como instrumento para a defensa dos dereitos das e dos estudantes e altavoz das súas reinvindicacións máis inmediatas, faise indispensable.

Ante o paripé de quen por riba da realidade busca facerse notar con convocatorias pantasma, os mozos e mozas comunistas seguiremos participando en asembleas e asociacións de estudantes en institutos e universidades, procurando crear e coordinar movemento combativo de cara á unión estudantil na loita polos seus dereitos.

 

NO TEU INSTITUTO ORGANÍZATE E LOITA!