(Compostela) Concentración contra a guerra imperialista en Libia

Imprimir
PDF

A Xuventude Comunista chama á cidadanía compostelana a participar na concentración convocada pola plataforma local "Non á guerra - Non queremos outro Irak" para mañá, xoves 31 de marzo ás 20.30 h na Praza Roxa, con posterior marcha ás sedes locais do PSdG-PSOE e PP.

Dende a XC na Galiza, facemos un chamamento á mobilización xuvenil contra os bombardeos ao pobo libio, a guerra imperialista e a OTAN.

NON QUEREMOS OUTRO IRAQ!

NON Á INVASIÓN IMPERIALISTA A LIBIA!