Proxección do documental "La Toma" en Ourense

Imprimir
PDF

Mañá, martes 5 de abril do 2011 ás 20.30 h a Asamblea de parados e precarias de Ourense proxectará o documental “La Toma” (The Take) no Café Grándola (Praza de San Marcial).

“La Toma” ou The Take (Avi Lewis, 2004) sitúanos na Arxentina do ano 2001, cando viu de atravesar unha das máis importantes crises económicas dos últimos tempos. Bos Aires esperta fantasmagórico, con fábricas abandonadas e un número sen par e parados. Nos suburbios da capital, trinta obreiros sen emprego deciden tomar a fábrica onde traballaban e néganse a abandonala.

Dende a Xuventude Comunista convidámosvos a todas e todos a asistir a este cinefórum documental, exemplo de consciencia de clase e organización obreira, así como a participar toda a mocidade ourensana na Asemblea de parados e precarias como resposta obreira e popular ante a barbarie destructiva capitalista.


Agardamos por vós o martes!

 

Cinefórum obreiro en Ourense