Palestra republicana en Vigo

Imprimir
PDF

Palestra de José Antonio Barroso en vigo

A Asemblea Republicana de Vigo celebra mañá, martes 12 de abril do 2011 ás 20.15h no Edificio Municipal do Areal, unha palestra de José Antonio Barroso (alcalde por IU de Puerto Real, Cádiz) baixo o título: "Borbones versus República", enmarcada dentro do programa de actividades da asemblea que se están a levar a cabo durante este mes de abril.

Militante do PCE e alcalde por IU na localidade gaditana de Puerto Real, José Antonio Barroso veu a converterse nos últimos anos en todo un referente estatal dentro do movemento republicano. Véndose represaliado por iso en varias ocasións (destacándose a acusación da AN de inxurias graves ao Rei no 2008 que rematou nunha multa de 6.840€), non dubida en seguir a sinalar á monarquía como culpable e garante dun sistema explotador e a reclamar a III República como marco superador da barbarie actual.

As mozas e mozos estamos xa fartos de que os dereitos sociais, económicos e políticos da Constitución do 78 non se cumpran. A xuventude de hoxe en día non temos acceso á vivenda, educación, emprego, igualdade, etc. evidenciando que o marco constitucional actual non ofrece solucións aos nosos problemas: Evidenciando que a loita por unha III República de traballadoras e traballadores é hoxe máis necesaria ca nunca!


Monarquía e capital, dúas caras da mesma moeda!


Preme aquí para ver a lista completa dos actos da Asemblea Republicana de Vigo.