Acto público de apoio a Cuba Socialista na Coruña

Imprimir
PDF

O PCG–PCE e o Comité para a liberación do Cinco da Coruña integrante da Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil, celebran un acto de confraternización co pobo cubano hoxe, venres 15 de abril ás 20.30h na Cervexería Guamá (rúa Puerto Rico, 15) que contará ca presencia de Alejandro Fuentes, cónsul xeral de Cuba en Galiza.

Estes días vimos de celebrar efemérides tan cruciais para Cuba como para España como foron:

  • O día 14 de abril de 2011 cúmprese o 80º aniversario da proclamación da II República en España e do abandono forzado do rei Alfonso XIII de Borbón.

  • O día 16 de abril cúmprese o 50 aniversario da proclamación por Fidel do carácter socialista da Revolución cubana no acto polos falecidos o día anterior nos bombardeos sobre Cuba dos avións de guerra de EE.UU.

  • Entre o 17 e o 19 de abril é o 50º aniversario do desembarco de forzas contrarrevolucionarias pola zona da Ciénaga de Zapata, no que constituíu a primeira derrota do imperialismo norteamericano en América Latina, coñecida como a Vitoria de Praia Girón.

Neste acto de confraternización entre pobos, Alejandro Fuentes abordará temas tan importantes e actuais como a celebración do VI Congreso do PCC estes días. Ao remate do mesmo, entregarase un dvd aos asistentes sobre a represión franquista en España e poderase participar nunha pequena festa para finalizar.

 

Viva a República! Viva Cuba!