A XC no Rockpública 2011 en Ourense

Imprimir
PDF

Dende a Xuventude Comunista animamos á xuventude e á clase traballadora a acudir a unha nova edición do Rockpública na cidade das Burgas. Ben sabidos de que debe ser unha data máis para reivindicar a 3ª República que defendemos, as e os comunistas da XC e do PCG-PCE non faltaremos a esta cita.

Rockpública 2011 en Ourense

Desta volta, a Xuventude Comunista contaremos ademáis con barra propia con comida e bebida a prezos populares, xunto cun posto con material propio (folletos, revistas, camisolas, bandeiras, etc.) na propia praza do concerto.

Os grupos ourensáns Bergallazo, Matxetazo na Parrotxa, Dementia e Colombo compoñen o cartel do Rockpública 2011 que se celebra un ano máis dentro dos actos que a asociación Amigos da República organiza no 80º aniversario da proclamación da II República. Será hoxe, sábado 16 de abril a partir das 20.00h na Praza de San Martiño con entrada gratuíta: Non podes faltar!