Axitación na Coruña: Emilio Botín, culpable da crise

Imprimir
PDF

Emilio Botín: culpable da crise

O colectivo da Coruña da Xuventude Comunista realizou na última quincena unha intensiva campaña de cartelería por toda a cidade. Nunha semana na que a clase obreira conmemora dúas datas maiúsculas como son o 28 de Abril e o 1º de Maio, a xuventude di basta e non dubida en seguir sinalando aos verdadeiros culpables da crise que se nos fai pagar aos traballadores.

Dita campaña de cartelería consiste na pegada nas oficinas do Banco Santander dun primeiro cartel ca figura de Emilio Botín (preme aquí para ver un resumo da súa vida) xunto con varios modelos de globos de diálogo con frases como "Namentres deixamos sen casa a milleiros de familias os nosos beneficios non paran de medrar" ou "Fomos nós os grandes gañadores da crise!!".

Deixámosvos con algunhas das fotos (máis no Tuenti e no Facebook):

 

Campaña "culpables" A Coruña

Campaña "culpables" A Coruña (3)

Campaña "culpables" A coruña (2)