Semana de Loita Obreira na Coruña

Imprimir
PDF

Semana de Loita Obreira na Coruña

O pasado martes o colectivo coruñés da Xuventude Comunista foise de pintada e de pegada de carteis, desta volta pola zona dos polígonos industriais de Pocomaco e A Grela con motivo da celebración o pasado 28 de abril do Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo, e do 1º de Maio este domingo.

“Basta de xogar coa nosa saúde!” ou “Accidente laboral, terrorismo patronal” foron algunhas das consignas que os traballadores e traballadores puideron observar ao voltar ao traballo á mañá seguinte na Coruña coma no resto de cidades do país, nas que o gran colectivo de colectivos da XC ven desenvolvendo nas últimas semanas unha intensa campaña de axitación e propaganda que vimos a chamar “Semana de Loita Obreira”.

Deixámosvos con algunhas das fotos (máis no Tuenti e no Facebook):

 

"Semana de Loita Obreira" A Coruña

Semana de Loita Obreira na Coruña

Semana de Loita Obreira na Coruña