Ourense axitada na Semana de Loita Obreira

Imprimir
PDF

Ourense axitada na Semana de Loita Obreira

E continuamos co repaso da nosa “Semana de Loita Obreira” desta vez en Ourense, onde o colectivo local encheu os barrios e polígonos industriais da cidade cos carteis do 28 de Abril e siluetas de obreiros mortos no chan recordando ás vítimas do terrorismo patronal do último ano, das que baixo o nome de “capitalismo” hai demasiados culpables.

De xeito análogo ao resto do país, complementando aos carteis e pancartas nas cidades baixo o lema “Basta de xogar ca nosa saúde!” decidimos facer algo chamativo e encher tamén as baldosas das nosas vilas e cidades con siluetas cos números de mortos e accidentados por accidentes laborais no pasado ano (aos que temos que sumar 17 máis no que vai de ano). Convocouse ademáis unha concentración local diante da Subdelegación do Goberno, pretendendo facer un chamamento á clase traballadora e á xuventude a organizarse e mobilizarse como única resposta ante os liquidadores dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Deixámosvos con algunhas das fotos (coma sempre, máis no noso Tuenti e Facebook):

 

Ourense axitada na Semana de Loita Obreira (1)

Ourense axitada na Semana de Loita Obreira (3)

Ourense axitada na Semana de Loita Obreira (2)