Protexer e servir? Vixiar e castigar

Imprimir
PDF

Protexer e servir?  Vixiar e castigar

Dende a Xuventude Comunista queremos denunciar os actos vividos na localidade de Ourense o pasado día 28 de Abril, cando varios militantes da XC (entre os que se atopaba o cabeza de lista por EU ao Concello de Ourense, Jon Sáez) víronse impedidos a exercer a súa liberdade de expresión no que a Policía Local de Ourense veu a considerar “un delito”.

Como denuncia da permisividade da patronal e das institucións públicas ante a traxedia que supón a siniestralidade laboral, os militantes da XC conviron en pintar con xiz no chan varias siluetas de defuntos, xunto coas cifras oficiais de finados no último ano por mor deste mal tan evitable. Para a súa sorpresa, foron intervidos polos Corpos da Policía Local, desprazándose ao lugar ata tres dispositivos móbiles, requerindo que se identificaran e sinalando que estaban a incurrir nun delito tipificado no Código Peal como vandalismo e subversión.

Alén de que a situación vivida poida semellar unha mera anécdota, é un xesto sintomático da realidade na que estamos a vivir nos últimos tempos. O espimento e acoso de camaradas en Madrid supón a última vaga dunha coacción tácita levada a cabo dende os poderes dominantes. Agora ben, o uso que se fai de artimañas tan burdas coma agresivas para acalar as voces discordantes non é máis que a sinal dos estertores dun capitalismo inconsistente que procura manterse a costa de toda a sociedade. Desde a Xuventude Comunista por suposto, a loita continúa.

 

«¡Ni nos domaron, ni nos doblaron ni nos van a domesticar!»

 

Xuventude Comunista