Xoves Vermellos de cine en Ourense

Imprimir

A Xuventude Comunista en Galiza leva un ano máis á cidade de Ourense o seu xa tradicional ciclo de cine de verán, desta volta baixo o nome de Xoves Vermellos. Cambiamos ademáis de escenario para estas sesións de cine formativo ao Ateneo de Ourense, e recordámosvos que coma sempre, a entrada é de balde e aberta a tódolos públicos.

Comezando este xoves 8 de setembro ca histórica "O sal da Terra" sobre movemento sindicalista, o ciclo prolongarase os xoves de setembro ata o día 22. Agardámosvos os xoves ás 19:00 no Ateneo de ourense (r/ Curros Enríquez, 1).

 

Sábados vermellos de cine en Ourense