4ª Asemblea Xeral de “Estudantes sen Futuro” en Ourense

Imprimir

4ª Asemblea Xeral de “Estudantes sen Futuro” en Ourense

A Xuventude Comunista fai un chamamento ao estudantado de Ensino Medio ourensán a participar masivamente na xa 4º Asemblea Xeral de “Estudantes sen Futuro” que terá lugar o vindeiro martes día 13 ás 18.00H no Ateneo.

Como xa saberedes, Estudantes Sen Futuro é unha organización que loita polos dereitos dos estudantes mediante o traballo. O noso cometido é combatir os abusos que está a sufrir o sistema educativo, coma os recortes, as nefastas leis de educación que pouco a pouco van facendo que algo tan imprescindible como a educación só sexa para uns poucos e que nos afectan a todolos alumnos de centros públicos.

Mediante estas asambleas pretendemos denunciar calquer problema que xurda e resolvelo con acción e reivindicación.

Estudantes: unámonos polo noso futuro e polo das nosas vindeiras xeracións!