Concentración ante o concerto de Idan Raichel en Compostela

Imprimir
PDF

Dende a Xuventude Comunista apoiamos a concentración de BDS-Galiza o sábado día 11 diante do Auditorio de Galiza en Compostela ás 19.30, na que se rexeitará a presenza do músico sionista Idan Raichel.

BDS-Galiza

Autodenominado como “orgulloso embaixador de Israel”, Raichel é membro consultivo do organismo de propaganda deste Estado, defende a colonización dos territorios palestinos e “animou” ás tropas sionistas coa súa música na operación Chumbo Fundido.

O boicot cultural xorde no 2004, inspirándose nos éxitos que este acadou na Suráfrica do apartheid, e demostrou ser unha forma eficaz de presión para esixir a Israel que cumpra a súa obriga de recoñecer o dereito inalienábel do pobo palestino á autodeterminación e que acate as normas de lexislación internacional.

É vergoñento que este evento sexa financiado cos cartos de todas e todos, xa que se enmarca dentro do programa “Sons”, financiado polo Concello de Compostela. Mentres Conde Roa e a súa equipa municipal apoian a apoloxía da limpeza étnica do pobo palestino, criminalizan aos movementos sociais composteláns, demostrando mais unha vez que goberna atendendo a intereses alleos aos do pobo.

As e os comunistas queremos amosar unha vez mais a nosa solidariedade coa poboación palestina, apoiando toda iniciativa que promova unha solución xusta á ocupación, e animamos a todas e todos a saír á rúa e esixir o fin da limpeza étnica e do aparheid.

STOP XENOCIDIO!

FIN DA OCUPACIÓN!