(Vigo) A situación do Sahara Occidental

Imprimir
PDF

A Xuventude Comunista celebrará este xoves 1 de marzo o acto público "A situación do Sahara Occidental" no que contaremos ca presenza de Ahmedu Motjar, representante do pobo saharaui en Galiza, quen participou no recente XIII Congreso do Frente Polisario e que nos contará de primeira man como está nestes momentos o conflicto que vive a República Árabe Saharaui Democrática.

Tamén estará presente Celia Fernández, militante da Xuventude Comunista que participou en decembro de 2011 na Misión Internacional ao Sahara Occidental organizada pola Federación Mundial da Mocidade Democrática e que nos relatará a experiencia vivida nos campamentos saharauis.

Lugar: Aula B1 da Facultade de Filoloxía e Traducción (Universidade de Vigo)

Data: Xoves 1 de marzo ás 12:00h

Agardamos contar ca túa presenza nesta charla-debate sobre a situación do pobo saharaui!


 

(Vigo) A situación no Sahara Occidental