(Compostela) Concerto Stop-represión

Imprimir
PDF

A persecución e represión policial e xudicial cara ao movemento xuvenil combativo intensifícase e crece. Ao longo de toda a xeografía, a mocidade vese sometida á violencia daqueles que din protexernos, amparados na impunidade e por medio da forza.

 Desde Asturias até Andalucía, no Movemento Anti-Bolonia, nas Manifestacións a favor do Sahara e o seu dereito á Autodeterminación, nas mostras de apoio a Palestina, na Folga Xeral do 29-S, nas concentracións pacificas e non violentas do 15-M, os corpos de seguridade do Estado e os seus responsables políticos, deciden agredir ao pobo e a cidadanía, reducir a papel mollado os nosos dereitos civís e a utilizar os recursos públicos contra nós.

Ter unha opinión diferente, está perseguido, aínda que sexa un dereito recoñecido na Constitución. Cos nosos modestos medios, pretendemos ofrecer un espazo de denuncia e visibilización, para promover iniciativas colectivas e promover un espírito solidario e internacionalista.

Facemos un chamamento en apoio e respaldo daquelas e aqueles que sofren as consecuencias deste sinsentido brutal e premeditado, que cada día suma novos casos.

Porque mentres a represión recrudécese, a solidaridade intensifícase!


(Compostela) Concerto Stop-represión