(Vigo) Acto polo Día da Muller Traballadora

Imprimir
PDF

A XUVENTUDE COMUNISTA, O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA e ESQUERDA UNIDA de Vigo celebramos un acto público sobre os impactos da crise capitalista nas mulleres dentro das programacións do 8 de Marzo, día Internacional da Muller Traballadora.

O ACTO SERÁ O MÉRCORES 7 DE MARZO ÁS 19:30 HORAS NA GALERÍA SARGADELOS DE VIGO (Rúa Urzáiz 17, VIGO)

O acto contará coas intervencións de:

- ROSALÍA AREAL, Responsable de Loita contra o Patriarcado da Xuventude Comunista
- PILAR SEOANE: Membro da Executiva Nacional de CCOO, da Executiva do sector de administración de CCOO e especialista en políticas de Igualdade
- RUBÉN PÉREZ, Coordinador Local de EU


 

Acto feminista en Vigo