A XC apoiou as mobilizacións do sector naval de Vigo

Imprimir
PDF

A Xuventude Comunista acudiu a manifestación convocada polos sindicatos de CCOO, UGT e CIG o pasado 12 de maio, en apoio e solidaridade coas traballadoras e traballadores do sector naval de Vigo en loita polo seu futuro. A decisión adoptada pola Unión Europea de paralizar as axudas fiscais que o Estado Español viña otorgando á construcción naval, a chamada "tax lease", está a por en perigo a viabilidade dun sector vital para o desenvolvemento socioeconómico da ría de Vigo, que ocupa na actualidade a cerca de 10.000 traballadores e supón preto de 30.000 postos indirectos. Esta decisión é un paso máis na política de desmantelamento da industria naval galega que dende os anos oitenta ven aplicando a UE coa connivencia dos sucesivos gobernos do PSOE e do PP.

A solución ao problema do naval non pode limitarse ao mantemento da "tax lease", necesaria a curto prazo pero que non resolve os problemas da especulación, a subcontratación e a precarización do traballo aparellados á privatización dos principais estaleiros nos anos noventa. Desde a Xuventude Comunista apostamos pola creación dun potente Sector Público Naval coa renacionalización dos principais estaleiros privatizados baixo o control das/os traballadores asegurando que o porvir do sector e o mantemento dos postos de traballo, entendendo que o naval debe ser un sector estratéxico para a economía galega.