A XC ante o acto do Embaixador de Israel en Vigo

Imprimir
PDF

O pasado luns 21 de maio, tivo lugar no Auditorio do Areal (antigo Reitorado), unha palestra de Alón Bar, embaixador de Israel no Reino de España presentada polo xornalista Miguel Boo, onde o obxectivo da mesma foi presentar as modernidades do estado xudeu.

Durante todo o acto, a política criminal do seu goberno para co pobo Palestino foi completamente obviada; do cal pódese concluír que a realización deste acto de promoción do réxime máis xenocida do planeta tan só evidencia a liña dos organizadores do mesmo, Club Faro de Vigo.

Semellou ser de menor importancia o exterminio que o goberno de Netanyahu (antes Ehud Ólmert ou Ariel Sharón) está levando a cabo co pobo palestino, onde o exemplo máis claro disto é a ocupación militar dos territorios Palestinos, así como o muro de Cisxordania que separa familias enteiras e o bloqueo a Franxa de Gaza, a maior cárcere do mundo, incumprindo decenas de resolución das Nacións Unidas.

Ante esta farsa de acto a Xuventude Comunista, diversos colectivos da cidade e persoas anónimas acudimos ao acto para amosar a nosa repulsa e condena ao Estado de Israel.

Cabe sinalar o gran despregamento policial que se produciu co obxectivo de defender ao representante do goberno criminal.

A protesta levada a cabo foi totalmente pacífica e as únicas ‘armas’ coas que contábamos eran bandeiras e panos Palestinos, ademais dun manifesto que se repartiu na entrada. Pero sobre todo a ‘arma’ máis poderosa coa que contábamos era a razón.

Viva Palestina ceibe!