[Vigo] A XC en apoio á loita obreira en Correos

Imprimir
PDF

Preto de cincocentas persoas participaron da manifestación que os sindicatos (CCOO, UXT, CIG e CXT) convocaron en contra do despedimento de 13 traballadores, o 25% da plantilla da sede central de Correos en Vigo, un área que afecta a 184.000 persoas.

Asi mesmo denuncian que en 2011 xa se reduciran 300 contratos eventuais na provincia de Pontevedra.

Estes despedimentos enmárcanse dentro do desmantelamento dun servicio público estatal como é o de Correos co conseguinte aumento da carga de traballo entre o resto da plantilla e a merma da calidade do servicio.

Os traballadores de Correos en Vigo levan xa cinco folgas de media xornada e ante a imposibilidade de chegar a un acordo intesificarán a protesta con paros de xornada completa os días 22, 25 e 29 de xuño.

A Xuventude Comunista apoia as reivindicacións destes traballadores e anímaos a continuar a loita até conseguir as súas reivindicacións.

Viva a loita da clase obreira!