[Lugo] Concentración en apoio á folga do sector lácteo

Imprimir
PDF

Desde a Xuventude Comunista convocámosvos á concentración deste sábado 24 ás 12 horas, no mercado de Abastos de Lugo (praza de Santo Domingo), en apoio á folga do sector lácteo, que dará comezo o día 27.

A situación do sector e as explotacións gandeiras é, como denuncian as organizacións agrarias, moi crítica. O prezo do leite (28 céntimos/litro, por debaixo dos custes de producción), negociado á baixa polas industrias lácteas, desprotexe ainda máis aos traballadores e traballadoras.

As provincias de Lugo e A Coruña contan co maior número de explotacións e máis de 50.000 persoas dependen do sector. E todo isto, sumado ao ataque que supoñen as PAC e a crise capitalista, xa está provocando o peche de moitas explotacións, mentres a situación dos e das traballadoras segue a empeorar e se rouba á mocidade traballadora a posibilidade de seguir apostando por este sector.

Contra os ataques do capitalismo, da Unión Europea e as medidas do goberno:

DEFENDAMOS O SECTOR LÁCTEO E APOIEMOS A FOLGA!