As e os traballadores das ambulancias galegas en loita!

Imprimir
PDF

A loita multitudinaria desenrolada ao longo de todo o Estado polos traballadores e traballadoras (tanto públicos coma privados) reunindo nas rúas a millóns de persoas na defensa dos seus postos de traballo, dos seus aforros, da súa vivenda ou dos servizo públicos; dificilmente pode entenderse sen unha patronal e un goberno (unhas veces de azul, outras veces de vermello) que apostan pola miseria da maioría traballadora para manter os seus beneficios en plena crise.

O pasado 12 de decembro, as e os traballadores dos servicios de ambulancia decidiron declararse en folga contra a Xunta e a patronal con motivo do pacto entre estas para a aplicación do convenio estatal sobre o convenio galego en virtude do contemplado na reforma laboral aprobada polo goberno central, supondo en plena crise para estes traballadores ata 400€ menos ao mes no seu salario. Co cómplice silencio dos medios de comunicación, a Xunta de Galicia lávase as mans nun conflicto que provocou directamente ao pretender reducir gasto social a conta dos traballadores deste servizo público ao tempo que se establece en todo o estado o “copago” do mesmo. O Partido Comunista de España, a Xuventude Comunista (UJCE), organización sindicais, movementos sociais e outras organizacións populares; despregan hoxe a súa iniciativa solidaria organizando pintadas, participando nas accións de loita acordadas polos traballadores e traballadoras, difundindo as xustas reivindicacións das asembleas, repartindo panfletos, etc. en apoio á loita que manteñen os traballadores das ambulancias e reclamando unha vez máis unha sanidade pública, universal, de calidade e gratuita.

As e os traballadores das ambulancias non loitan sós. Os obreiros de URBASER, ADIF, GRABAT S.L., Galipack, Auxinaval, Vitrasaou os traballadores dos paradores de Turismo; veñen levando a cabo fortes loitas na defensa das súas reivindicacións laborais (atrasos no cobro por EREs, negociación de convenios, etc.), pese á criminal extensión da represión policial aos conflitos laborais (durante a pasada folga,a Xunta ordenou un “corralito” ás ambulancias do 061 fóra das cidades nos cuarteis da Garda Civil e a reclusión dos traballadores das mesmas entre servizo e servizo), das ameazas de despedimentos, sancións, etc. Goberno e patronal deben comprender que non pode haber tregua ninguna con quen,na procura de maximizar os seus beneficios, convida a descansar no calabozo a quen traballa nas urxencias sanitarias, como aconteceu en Betanzos. Basta de represión comandada pola Federación Galega de Empresarios de Ambulancias! Solidariedade obreira cos traballadores das ambulancias do 061!

É de sinalar o grande aumento da conciencia do conxunto da clase traballadora en Galiza coma no resto de España, na defensa dunha sanidade pública e universal contra a voráxine privatizadora e destrutora de emprego que goberno e empresarios veñen realizando nos últimos anos. Hoxe o obreiro, a estudante, o parado e maila pensionista; comprenden mellor que nunca que este recorte que Xunta de Galicia e Federación Galega de Empresarios de Ambulancias (FEGAM) pretenden facer ás e aos traballadores das ambulancias galegas, é un recorte máis na saúde de todos e todas. Quizáis teñan que ser mañá patróns e políticos capitalistas quenes precisen deste servizo público capital. Desde a Xuventude Comunista, esiximos a inmediata ratificación do actual convenio por parte da FEGAM e cumprimento do resto de lexítimas reivindicacións dos traballadores das ambulancias do 061.

VIVA A LOITA DAS E DOS TRABALLADORES DAS AMBULANCIAS GALEGAS!
NINGUNHA TREGUA CON FEIJOO E A PATRONAL!
POLA RETIRADA DA REFORMA LABORAL E DOS RECORTES SOCIAIS DO GOBERNO!