[Pontevedra] Rastro solidario polas vítimas do sistema

Imprimir

A Xuventude Comunistas xunto coas organizacións locais do Partido Comunista de Galicia e Esquerda Unida celebrarán o vindeiro sábado 22 de decembro na praza de Ourense (Pontevedra) un rastro en solidariedade coas numerosas vítimas do sistema.

Os niveis de pobreza e fame, produto da crise do capital, estanse a elevar de xeito dramático día a día, así pois para axudar a esta xente do común, aos sectores máis agredidos da nosa clase, aceptaremos todo tipo de doazóns, calquera cousa que non utilicedes e estea en bo estado.

As doazóns poderán ser recollidas na sede de Esquerda Unida (rúa Bastida nº1 1º Esq., Pontevedra) ou a domicilio previo contacto por correo-e ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

Non permitas a inxustiza! Solidariedade de clase!

COLABORA!