[Vigo] Acto de homenaxe aos avogados de Atocha da AUV

Imprimir

A Xuventude Comunista ven de sumarse ao acto que a Asemblea Universitaria de Vigo organiza este xoves 24 de xaneiro ás 12 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas para homenaxear aos Avogados de Atocha no 36º cabodano do seu asasinato.

Tal día como hoxe, o 24 de xaneiro de 1977, un grupo de fascistas asaltaba o despacho dos avogados laboralistas do PCE e CCOO. No acto foron asasinados os cinco compañeiros Javier Benavides, Enrique Valdelvira, Javier Sauquillo, Serafín Holgado e Anxo Rodríguez, resultando feridos de gravidade Alejandro Ruiz Hortas, Luís Ramos, Mª Dores González e Miguel Sarabia.

Hoxe continúa na memoria colectiva das e dos mozos comunistas o asasinato dos camaradas, cinco vidas arrebatadas pola ultradereita, sendo os seus herdeiros, amparados polo Estado de Dereito e por unha transición a medio facer baseada na mentira e o esquecemento, os que continúan arrebatando o noso futuro. Trinta seis anos despois, a loita pola liberdade e a democracia que estes avogados libraron segue máis vigente que nunca. A batalla pola conquista dos dereitos laborais que levaron a cabo, é a mesma á que nos enfrontamos na actualidade.

Por iso, a Xuventude Comunista entende o deber permanecer nas rúas co fin de lograr a transformación dunha sociedade que desgraciadamente segue amparando á ultraderecha que presta servizo ao sistema. Malia os ataques sufridos, o medo non conseguirá doblegarnos nin ante a represión nin ante os ataques que sofre a clase obreira por parte do goberno e a patronal. A medida que os nosos dereitos mérmanse, a determinación e o compromiso da mocidade aumenta, alimentada polo recordo de heroes como aos que hoxe lles rendemos homenaxe, aqueles avogados que perderon a vida no despacho do número 55 da madrileña rúa Atocha