[Ourense] A XC no peche cos traballadores de T-Solar

Imprimir
PDF

O anuncio de peche da fábrica de paneis solares T-Solar pode deixar a 170 traballadoras ourensás na rúa. Isto desenvocou nunha ondanada de manifestacións e protestas en contra do peche da factoría, apoiada por moitas persoas que se están a solidarizar coas obreiras de dita empresa.

Neste intre arredor de 25 persoas están nun peche en T-Solar, aínda que o número de persoas que se están solidarizando con esta causa vai en aumento.

Tamén continuan no peche camaradas da XC (entre outros, un camarada empregado desta empresa). Un grupo de traballadoras concentrouse no interior da delegación da Xunta, para reclamarlle á administración galega solucións ó conflito. E aínda que loitando todo o posible, o xuíz está a punto de ratificar o ERE de extinción que dará paso ao período de liquidación da empresa.

A Xuventude Comunista amosa o seu total apoio á plantilla de T-Solar e a todos aqueles e aquelas que permanecen no peche, e esiximos unha solución inmediata que sexa beneficiosa para as traballadoras e traballadores da empresa.

Xa basta de que paguemos nós, coa organización e a loita obreira pódese!

Forza, compañeiras!