A Xuventude Comunista solidarízase coas compañeiras e compañeiros de T-solar

Imprimir
PDF


Algúns dos traballadores pechados na fábrica de T-Solar

Dende o pasado martes 2 de xullo os e as empregados de T-Solar están pechadas na fábrica situada no Parque Tecnolóxico de Ourense, para poñer fin ao desmantelamento das instalacións onde ata fai poucos meses traballaban.

T-solar é unha empresa de enerxía solar que comezou a operar na provincia de Ourense fai 5 anos, cunha fábrica de paneles fotovoltaicos, grazas aos 65 millóns de subvencións ofrecidos por parte das distintas adiministracións públicas para a creación de emprego e desenvolvemento da industria na provincia.

Cando esta billa das subvencións pechou, a empresa abriu un expediente de regulación de emprego á plantilla de máis de 170 traballadoras. Ademais  dun concurso de acreedores para vender as instalacións.

Durante os últimos meses, os e as traballadoras intentaron chegar a acordos có administrador, que non foron frutíferos. Intentando que considere as diferentes ofertas de compra en firme, nas que se inclúen os 170 postos de traballo. Nembargantes, ao Administrador Concursal estas ofertas non lle interesan, posto que prefire desmatelar a fábrica e vendela por partes para sacar maior beneficio. O que suporia outra estocada máis á industria desta cidade galega, que dende hai anos estamos vendo desaparecer.

Por parte da Xunta, principal acreedor da fábrica, tampouco dan solucións definitivas. Limitándose a pedir que se devolvan os cartos das subvencións, algo totalmente insuficiente se non se invirte en manter os postos de traballo de T-Solar.   

Todos os grupos parlamentarios da oposición pasaron polo peche (AGE, BNG, PsdG-PSOE) apoiando aos arredor de 50 traballadores que alí se encontran, 24 horas ao día e organizados en turnos. Tamén diversas organizacións xuvenís, entre as que se encontra a Xuventude Comunista, participan no mesmo desde o primeiro día.

Dende a Xuventude Comunista pedimos que se poña en funcionamento a empresa baixo a propiedade da Xunta, coa recontratación de toda a plantilla, sen que supoña un retroceso nos dereitos dos e das traballadoras.

Condeamos as diferentes formas de represión e coacción que se levan a cabo sobre os e as traballadoras pechadas, tanto polas forzas represivas do Estado como por parte da directiva da empresa, que as acusou en reiteradas ocasións de vándalas e delincuentes.

 vista do peche dende fora da empresa

A Xuventude Comunista coa loita obreira!

A loita é o único camiño!