En apoio á folga dos traballadores de Povisa

Imprimir
PDF

Dende o pasado 19 de agosto os compañeiros e as compañeiras do hospital Povisa na cidade de Vigo, encóntranse en folga indefinida convocada polos traballadores e os sindicatos.

Dende que o pasado mes de xullo os e as compañeiras de POVISA lles caducara o seu convenio laboral  e a patronal se negara a negociar cos traballadores un novo convenio, aplicando para isto as reformas laborais do PP e PSOE, indicándolles que o novo convenio laboral ía traer un aumento no número de horas e unhas importantes reducións dos salarios que ata podían acadar unha diminución do 40%, os e as compañeiras do hospital vigués véñense manifestando para conseguir parar este ataque da patronal contra os dereitos máis fundamentais dos traballadores. E, en vista de que a dirección do hospital non cede no seu intento de aplicar o novo convenio laboral, convocaron unha folga indefinida co obxectivo de loitar e salvar o que é seu.

 
Cabe mencionar que o hospital POVISA de Vigo é de titularidade privada. Dende a Xuventude Comunista opoñémonos enerxicamente a que a sanidade sexa utilizada por uns poucos para facer negocio e pensamos que a sanidade debe ser 100% pública, integral e de calidade. Por iso, dende a Xuventude Comunista pedimos a nacionalización do complexo hospitalario de POVISA, que diaramente atende a máis de 15000 persoas derivadas da seguridade social. Sendo este o único xeito para que no futuro os e as traballadores acaden unhas condicións dignas de traballo.
Loxicamente a Xuventude Comunista apoia e fai súa a loita dos e das traballadores de Povisa. Mostramoslles toda a nosa colaboración e apoio para o que precisen e para loitar e pór freo ao que dende a Xuventude Comunista consideramos un ataque contra o dereito dos obreiros a ter un emprego digno.