En apoio á folga dos traballadores da limpeza da Coruña e comarca

Imprimir

En apoio á loita do sector do lixo da Coruña

 

Desde o 28 de xuño as traballadoras e os traballadores de ALBADA están en loita polos seus dereitos laborais. Hoxe, 27 de agosto, súmanse a ela Cespa (recollida e limpeza viaria do Concello da Coruña e recollida de residuos no Consorcio das Mariñas) e SOGAMA, que levarán a cabo unha folga de 24 horas (que comezou o día 26 de agosto ás 23:00) á par da indefinida que mantén ALBADA.

O motivo das mobilizacións é claro: Amosar a desconformidade dos traballadores á reforma laboral que vaise aplicar no sector de recollida, limpeza viaria e tratamento de lixos.

Desde a Xuventude Comunista manifestamos o noso apoio á loita do persoal das tres empresas. As medidas que quere levar a cabo o goberno deixan vía libre aos empresarios para acabar cos dereitos laborais básicos das traballadoras e dos traballadores, podendo baixar así os seus salarios, reducir o persoal ou empeorar as condicións laborais deste. Rexeitamos a reforma laboral que se está a implantar no sector, xa que é un ataque directo aos dereitos da clase obreira en beneficio das grandes empresas.

Ante este ataque só queda unha saída: Organizarse e loitar. Da mesma forma que dende a Xuventude Comunista apoiamos a loita do sector do lixo, pedimos á totalidade da cidadanía que amose a súa solidariedade. ALBADA, SOGAMA e Cespa somos todas e todos.



Solidariedade obreira!