6 de decembro, nada que celebrar.

Imprimir
PDF

Para a XC este 6 de decembro non hai nada que celebrar.

Hoxe é un día máis para seguir loitan contra o sistema capitalista. Un sistema que está en crise e só sabe responder impondo medidas para afundir a mocidade e a clase traballadora co fin de manter o seu statu quo e seguir maximizando beneficios.

Este sistema está blindado pola Constitución do 1978. Unha constitución que non foi votada pola gran maioría da poboación española e foi aprobada trlo que nos queren facer ver como unha transición modélica que segue mantendo os verdugos no poder e calando as vítimas e a súa xustiza. Unha constitución obsoleta, que sustenta privilexios caducos como unha monarquía corrupta, herdanza directa do franquismo ou non recoñecer a unión entre persoas do mesmo sexo. Unha constitución na que o pagamento da débeda privada está por riba de outros artigos como o dereito a unha vivenda digna ou unha educación de calidade apra todas e todos.

En verán de 2011 os dous principais partidos políticos do Réxime ao servizo do paital e da troika (PP e PSOE) aprobaron a modificación do artigo 135 onde se daba prioridade ao pagamento da débeda privada fronte ao gasto público ene ducación, saindade e seguridade social.

Por tanto, é unha constitución que está ao servizo do réxime e os grandes capitais. A clase traballadora está cada vez máis golpeada, tras dúas reformas laborais que impoñen as condicións capitalistas no traballo e restan poder á acción conxunta dos traballadores.

Con máis de 6 millóns de parados e paradas as grandes empresas e multinacionais seguen aumentando os seus beneficios e mantendo os seus privilexios. Tamén, dende o comezo da crise rexistráronse máis de 400.000 execucións hipotecarias e unha gran parte acabou en desafiuzamento, a pesar de que o Artigo 47 da Constitución establece que todos os cidadáns teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Do mesmo xeito, no Artigo 27 está establecido que todo o mundo ten dereito á educación e que esta será gratuíta e estamos sendo testemuñas do grande proceso mercantilizador que está sufrindo o ensino no Estado español, xerando desigualdades económicas e sociais.

Por todo isto, dende a XC e a UJCE afirmamos que o modelo político-económico actual se atopa profundamente esgotado e chamamos ao conxunto da xuventude a loitar pola apertura dun proceso constituínte transparente e participativo que nos lecve á III República como vía ao Socialismo. Non renunciamos a garantías básicas como a negativa do pagamento da débeda ilexítima, a expropiación da banca e dos grandes monopolios, a loita real e efectiva pola igualdade entre homes e mulleres, os servizos públicos universasi en sanidade e educación, ou o dereito de autodeterminación dos pobos. Non renunciamos, en definitiva, a conquistar unha auténtica democracia.

 O 6 de decembro, nada que celebrar.