Noticias

Un asasinato machista máis en Galiza

Imprimir
PDF

O pasado domingo coñeciamos a noticia dun novo asasinato machista en Galiza, desta vez na cidade de Lugo. De novo é preciso saír á rúa para dar resposta á violencia patriarcal.

A violencia contra as mulleres é un piar fundamental do patriarcado que ten como finalidade manter os privilexios e intereses que dentro das relacións sociais xorden, consecuencia das propias relacións económicas. O asasinato, como feito máis exacerbado desta violencia, esixe por parte das feministas unha resposta solidaria e contundente, que ó mesmo tempo sirva para concienciar á sociedade de que toda agresión exercida contra a muller debe ser condenada, dende tódolos ámbitos e de maneira unitaria.

Ler máis...

A loita do sector lácteo é a loita polo futuro da economía rural galega

Imprimir
PDF

Trala última mobilización do sector lácteo en Lugo, que se estendeu dende o pasado xoves ata a fin de semana coa fin de instar a presencia da Conselleira de Medio Rural, que se produciu este venres sen que se obtivese ningún apoio por parte do goberno galego, as protestas continuarán a vindeira semana en Compostela.

Esta nova xornada, organizada polos sindicatos agrarios e pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo no seu conxunto, terá lugar entre os días 7 e 10 de setembro, con tractoradas e unha manifestación a pé dende Salgueiriños ata o edificio da Xunta de Galicia o derradeiro día, coincidindo coa xuntanza que as e os Ministros de Agricultura da UE manterán en Bruselas. De novo, ás gandeiras galegas chaman á mobilización para esixir a adopción das medidas precisas que garantan o futuro do sector lácteo.

Ler máis...

Condicións de traballo dignas para o sector lácteo

Imprimir
PDF

Durante as últimas xornadas, os e as gandeiras e labregas francesas están levando a cabo numerosas accións en protesta contra a importación masiva de leite provinte do Estado español, coa fin de concienciar da necesidade de consumir a producida na propia Francia. Entre estas accións, os sindicatos do sector lácteo vixían a chegada de camións que importan o leite, así como outros produtos de alimentación, dende o estranxeiro, para tiralos.

Ler máis...

Polo dereito de autodeterminación dos pobos

Imprimir
PDF

25 de xullo, día da Galiza

O 25 de xullo a Xuventude Comunista súmase á celebración do día de Galiza, reivindicando a identidade propia da nosa nación e os dereitos que como tal nos corresponden. Hoxe é un día para recordar o valor do noso pobo na loita por unha vida digna da clase obreira e as capas populares galegas, dos estaleiros de Ferrol ás loitas campesiñas espalladas por todo o país; a loita pola nosa lingua e o dereito a empregala sen limitación algunha; a loita polos valores e a cultura das traballadoras galegas e as capas populares; pola superación do peor do pasado de Galiza, como o parasitismo caciquil e institucional contra o que o pobo galego nunca deixou de loitar… 

Ler máis...