Noticias

Un morto e dous feridos na central térmica de As Pontes

Imprimir
PDF

No dia de hoxe na central térmica de As Pontes, titularidade de Endesea, produciuse un accidente que provocou o falecemento dun operario e no que tamén houbo outros dous operarios feridos. Ocorreu de madrugada, cando os tres traballadores se dirixían a tratar de solucionar un incidente na turbina da central térmica. Unha manivela dunha das máquinas saíu disparada alcanzando aos tres operarios. Aínda se está á espera de que se resolvan as investigacións abertas para esclarecer este feito.

No 2010 houbo outro falecido, neste caso dunha empresa auxiliar que se encargaba das tarefas de reparación. O xefe de obra da compañía auxiliar Graver Española precipitouse dende unha altura duns vinte metros, cando camiñaba por unha pasarela. O traballador estaba mostrando os lugares nos que tiñan que realizarse estes traballos a outros tres empregados.

Ler máis...

A destrución dos servizos públicos tamén pasa por Correos

Imprimir
PDF

Entrevista a unha traballadora de Correos en Lugo durante o proceso de folgas na empresa pública

Dende hai xa tempo os e as traballadoras de Correos loitan na defensa dos seus dereitos laboral e dun servizo público de calidade. A mercantilización deste servizo produce unha perda da calidade do mesmo, asociada a unha redución dos dereitos dos e das traballadoras. Fronte a isto defenden o reforzamento dos cadros de persoal. Con este obxectivo, continúan con mobilizacións e paros, solicitando o apoio dos e das usuarias para reclamar un servizo de calidade que se lles está a negar.

Ler máis...

Novos transxénicos alimentarios en Europa

Imprimir
PDF

Nestes últimos días vimos de coñecer que a Comisión Europea aprobou dez novas autorizacións de organismos xenéticamente modificados durante a negociación do TTIP cos Estados Unidos, que se suman aos 58 OXM xa autorizados na UE para uso alimentario ou penso.

Aínda que non se acadou a maioría calificada nin a favor nin en contra destes, a lexislación comunitaria permite dende agora a súa implantación, co que algunhas das cuestións que aínda se están a debater en relación ao TTIP xa terán eficacia.

Ler máis...

AVANCEMOS! a clase traballadora á ofensiva

Imprimir
PDF

Chegamos a este 1º de maio, día internacional da clase traballadora, cunha taxa de desemprego que segue a afectar a un de cada dous menores de 25 anos, con salarios que continúan a diminuír e co drama da emigración coma única saída para moitos mozos e mozas.

A mocidade somos quen temos unha maior taxa de paro, e cando temos traballo vémonos abocados á temporalidade e aos baixos salarios, ou simplemente traballar de xeito gratuíto a través dos contratos de prácticas e bolsas. E se falamos das mulleres traballadoras vemos como a brecha salarial fai que aínda cobremos menos polo mesmo salario ou que a maioría dos nosos empregos sexan a tempo parcial.

Ler máis...