Noticias

Comunicado do Partido Comunista de Galicia ante a folga de Lantero

Imprimir
PDF

A EMPRESA LANTERO COMO EXEMPLO DAS CONSECUENCIAS DA REFORMA LABORAL

O PCG considera exemplar a loita das traballadoras e traballadores da empresa en folga desde fai 100 días, cunha defensa incondicional dos seus postos de traballo ante as agresións dunha patronal que traballa na absoluta impunidade polo deixamento de funcións das administracións públicas.

A empresa de Vilagarcía de Arousa, unha das referencias na fabricación de cartón ondulado para embalaxe, non ten nin un so argumento para executar o ERE de extinción. Un ERE que vai parello a un acoso e intento de amedrentamento do persoal que, con dignidade e determinación, mantén un campamento na entrada da factoría para evitar o desmantelamento da mesma.

Ler máis...

Outro desafiuzamento, outra inxustiza; outra resposta

Imprimir
PDF

O Concello da Coruña consuma o desaloxo e derribo dunha casa e un taller situado na estrada da Universidade na zona de Elviña, botando a unha familia do seu fogar en prol da especulación e o sensentido. Esta familia afectada pola modificación no plan do Parque Ofimático viu como derrubaban a súa casa para a construción dunha ponte que polo momento pretende unir a “nada” dun lado coa “nada” doutro.

Ler máis...

ALCOA NOS SE RENDE, ALCOA DEFÉNDESE!

Imprimir
PDF

Unha vez máis vemos como a nefasta política enerxética do goberno do PP e os intereses da patronal atentan contra os dereitos da clase traballadora. Neste caso chámaselle Alcoa, pero nos últimos anos vimos de ver cómo para garantir e aumentar os seus privilexios e ganancias, a patronal e os gobernos do PP e PSOE promoveron e favoreceron despedimentostos colectivos, EREs e desmantelamentos fraudulentos de sectores produtivos coma os casos de Coca-Cola, Panrico, Navantia, e tantas e tantas empresas do sector mineiro e agrario.

Ler máis...

A volta de Domingo Neira é a volta da homofobia ás aulas

Imprimir
PDF

O patriarcado é un dos maiores inimigos para a igualdade, un mal que está afianzado na sociedade e nas institucións, no noso día a día. Exemplos disto podemos velos todos os días nas rúas, na televisión e nos actos de diferentes personaxes públicas ou institucións. De querermos cambiar a sociedade, temos que desenmascarar este mal.

Un bo exemplo disto sería o caso do profesor homófobo da USC Domingo Neira, o cal usa as aulas para impartir mentiras a través de leccións homófobas e misóxinas, nas que afirma que a homosexualidade é un “vicio” e das que se reafirmou na prensa aludindo que a sociedade estaba enferma e manipulada polos homosexuais.

Ler máis...